O 7 DE ABRIL FOI ESTE ANO A DATA PARA O NOSO ENCONTRO ANUAL

Dezasete rapazas e rapaces nada menos
antigos alumnos e alumnas 
(algún deles xa facía case dez anos que remataran estudos no IES Pedregal de Irimia) 
tiveron a ben volver acompañarnos, 
xusto antes de irnos de vacacións de Semana Santa.

E o motivo tamén se repite cada curso por estas datas: 
que lles podan contar aos que agora están a rematar 2º de Bacharelato 
o que foi o seu camiño unha vez que deixaron o centro 
(os estudos que seguiron, os inicios no mundo laboral,...) 

En definitiva que nos gusta este encontro porque a mensaxe sempre é de ánimo 
á vez que realista, co que supón enfrentarse á toma de decisións 
sobre o proxecto vocacional de cadaquén.







MOITAS GRAZAS A TOD@S POR COMPARTILO!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!