FESTA FIN DE CURSO

MOITAS GRAZAS! 
E CHULO TRABALLAR TODOS XUNTOS! 


Fotos de Carla Teijeiro

-GRAN FINAL DO TORNEO DE FÚTBOL SALA 2017
-TORNEO DE BALONMÁN
-ACTUACIÓN DO MAGO DAVID MÉNDEZ
-CERIMONIA DE ENTREGA DE MEDALLAS E ORLAS.

MOITA POESÍA POR UN TUBO

Os nenos e nenas de 1º ESO fixeron hoxe algo incrible,
armados cos seus tubos de cartón, 
que antes pintaran e decoraran (algúns con mira telescópica e todo),
saíron á rua e apuntaron directamente ao corazón.

POEMAS DE ROSALÍA, CUNQUEIRO E CURROS, 
para todos os que estén dispostos a pararse e escoitar.

MOMENTOS DE PURA INTIMIDADE COA POESÍA








O ACHADO DO CASTRO. ÉRGUESE O TELÓN

MÁIS GRANDES QUE NUNCA
COA INCORPORACIÓN DE ALUMNOS DO CEIP AVELINO DÍAZ!

ENORMES OS ACTORES: 
Leire Bermúdez,Joel Fernández, Marco López, Julia Méndez, María Méndez, Daniela Osán,
Jimena Pardo, Yago Rego, Julián Rozadillas, Marcos García, Ismael Fernández, Joel Lázaro,
Antía Fernández, Afonso Rico, Carlos Fernández.

IMPRESCINDIBLE O EQUIPO TÉCNICO:
Rubén Pérez, Noemi Fernández, Óscar Trigo, Vitoria Quiroga
e o Alumnado de Debuxo de 1ºBAC

ENTREGADO O PÚBLICO,
INESQUECIBLES OS APLAUSOS!
















Fotos de Noemi Fernández

GRAZAS A TODOS!

NINGUÉN SEN A LATEXOS!

Un ano máis sae ao público unha nova edición da LATEXOS, nada máis e nada menos que a edición número 24. Acércase a pasos axigantados as súas vodas de prata, e ten pinta de non querer deterse e continuar coa súa andaina durante moito tempo.
Como é costume, os alumnos do IES PEDREGAL DE IRIMIA, sacan a relucir as súas cabezas pensantes, e amósannos as súas creacións, e crédeme que merece a pena lelas.
Desde a dirección da revista queremos agradecer a vosa colaboración, porque incluso sen darvos conta estades mantendo un lume de moita tradición. Ou mellor dito, estades mantendo un corazón!
Tomade asento, acomodádevos...porque estades a piques de gozar dunha peza que paga a pena, poderedes ver latexar este corazón desde dentro, BOM BOOOOOM BOM BOOOM, xa se comeza a sentir,.....
DIRECTOR:
Manuel Fernández Rego

DESEÑO GRÁFICO E PORTADA:
Uxía Teijeiro Soto

XEFE DE MAQUETACIÓN:
José Riveiro Edrosa

MAQUETADORES:
Daniel Ferreiros Fernández
Samuel García Pumares
Pablo Portela Rivas

XEFA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA:
María Xosé Novo Novo

COLABORACIÓN ESPECIAL:
Antón Barrio Sánchez

O ACHADO DO CASTRO

UN CLÁSICO DO TEATRO EN GALEGO
representado polo recoñecido 
grupo de TEATRO DO PEDREGAL.


O ACHADO DO CASTRO é unha comedia na que o humor o é todo, 
unha historia que nos leva á Roma histórica da man duns personaxes que falan 
un galego inzado de latín macarrónico e que se enlean en enredos cómicos 
cheos de equívocos e confusións que producen no espectador unha clara empatía 
e doado recoñecemento.

Grandes GALICIAN ARMY

Galician Army 
é un grupo galego de música electrónica 
creado polos DJs e produtores PRAAA (A Coruña, 1994), 
VALLEJO (Lugo, 1997) e VOKS (Padrón, 1993) 
a finais de 2016. 

Actualmente, os integrantes son VALLEJO e PRAAA.
Os dous nos acompañaron  para contarnos como chegaron ata onde están agora:

"O grupo presentouse a través das súas redes sociais o 1 de novembro de 2016. 
Unha semana máis tarde publicaron o seu primeiro traballo, 
que foi incluído na lista das 5 mellores remezclas a ese tema segundo Billboard.
A súa presentación en directo tivo lugar o 16 de decembro dese mesmo ano 
na sala Sugar (Lugo) ante miles de persoas."


















MOITAS GRAZAS GALICIAN ARMY,
por compartir o voso tempo, a vosa música, e a vosa experiencia con nós.

VÉMONOS E OÍMONOS.