SOÑOS DE PAPEL, na Chaira!

Co título PAIXÓN POLOS LIBROS, a xornalista Marta Mancebo de El Progreso fai un percorrido polos Clubs de Lectura dos institutos da zona e dedícanos estas palabras: 
"Pero, sen dúbida, o caso máis chamativo de todos é o do instituto de Meira, que grazas a atractivas propostas —noites temáticas, xogos e recitais de poesía, concursos e proxeccións de películas— acadou unha resposta masiva do alumnado. Os seus traballos, ao igual que os que realizan os alumnos do IES Moncho Valcarce das Pontes, poden visitarse nas páxinas web e blogs que os centros educativos teñen a disposición de todo aquel que o desexe ver na rede"

E nós felices de que a nosa paixón sexa noticia!

1 comentario:

  1. Noites temáticas, xogos, recitais de poesía, concursos, proxección de películas... Todo mellora cando poñemos paixón. E tratándose de vós non esperaba menos!

    Por certo... ese ollo do libro!

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!