O GARAXE HERMÉTICO

O GARAXE HERMÉTICO:
 PRIMEIRA ESCOLA DE BANDA DESEÑADA E ILUSTRACIÓN DE GALICIA
 ABRE AS SÚAS PORTAS EN PONTEVEDRA!

E que portas: unha impresionante viñeta de Miguelanxo Prado,
 nada menos!

O curso comezará en outubro, terá tres anos de duración e 700 horas lectivas ó ano. Con profesores da talla de Kiko Da Silva (director da escola), os irmáns Norberto e Jacobo Fernández, Fernando Iglesias e Miguel Porto, está asegurada unha formación de calidade, que sen dúbida non se impartía en Galicia.

Déixovos coas palabras de Kiko, que acaba de DEBUXARNOS un gran sorriso na cara:
"A idea é dar toda a formación necesaria para que os alumnos poidan defenderse despois, máis alá dos mercados e dos estilos. Por iso non só imos ensinar a debuxar e escribir historias, senón que aparte queremos que aprendan dereitos de autor, a diferenciar un bo dun mal contrato, técnicas de impresión, ou a tratar de xeito informático os traballos"

5 comentarios:

  1. Marcela24/4/12

    Aí, aí! progreso, arte, cultura.

    ResponderEliminar
  2. Hai talento, hai un prestixio galego que non para de medrar no sector da animación, e faltaba unha escola á altura de tanta promesa. Valente proxecto.
    Como diría o actor Carlos Blanco: "Somos unha potenZia".

    ResponderEliminar
  3. Anónimo25/4/12

    Fagamos que a cultura do debuxpo non se perda, para aquiles que pensan que un simple debuxo é nun anaco de papel, non, non, non é así o debuxo é ver plasmada a túa propia personalidade! a túa esencia! A arte de un mesmo mostrandoa ao exterior!

    ResponderEliminar
  4. Graciñas pola reseña!!!
    Xa está activado o web do Garaxe: www.ogaraxehermetico.com , onde poderedes ves a escola, descargar a programación dos nosos cursos e informarvos das expos (Actualmente temos unha exposición de orixinais de Trazo de Xiz, de Miguelanxo Prado) e as Máster Class que iremos organizando con distintos autores de BD que convidamos á escola. Agardamos que vos guste e que nos fagades unha visita en breve.

    Saúdos desde pontevedra,
    Kiko da Silva.

    ResponderEliminar
  5. Grazas a ti, Kiko! despois de visitar O Garaxe Hermético na web estamos desexando viaxar a Pontevedra!

    Saúdos desde O Pedregal de Irimia.

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!